Os baños na Lanzada.

111

Os divertimentos dos nosos maiores eran moi sinxelos, polo menos dende a nosa perspectiva, pero non deixaban de ser divertidos e compartidos coa familia, amigos e veciños.

Todos os anos dende moitos lugares da provincia, tamén dende Mourente, nas festas da Lanzada en agosto as familias tomaban “os baños” na praia e comían na Toxa.

Neste audio Lucía Alén e Maruja Santomé (de Mourente) cóntanos como era esa xornada na que pasaban o día na praia e paseando pola illa da Toxa.

Lucía Alén e Maruja Santomé (Mourente). 

Compartir