Os traballos en veciñanza.

232

As aldeas tiñan unha gran vida de veciñanza, moitos traballos se facían en conxunto, como nestas fotos nas que vemos aos veciños de Mourente asfaltando o Camiño Vello de Castilla, pero tamén a malla ou as labores de labranza.

 

Cada veciño ou veciña tiña unha labor específica, a súa función: Isolina, a avoa de Carme Lores, facía os palleiros de toda a aldea, outra veciña acudía aos partos e outra era a practicante que poñía as inxeccións.

Veciños de Mourente asfaltando os camiños.

Unha vida dura pero ben acompañada por toda a veciñanza, tal e como nos contan Lucía Alén, Maruja Santomé e Carme Lores (de Mourente) e Ángeles Canosa (de Lérez).

 

Compartir