As casas e a hixiene.

80

As casas tamén diferían moito de como son hoxe en día. As cuadras dos animais estaban xeralmente dentro das mesmas, co que se conseguía aproveitar a calor dos animais para quentar as habitacións que estaban enriba. Non había baño e as cortes facían as veces de letrinas. Nas lareiras facíase moita vida eran o punto de encontro polas noites para as familias e veciñanza.

Nos audios que tedes a continuación Lucía Alén e Maruja Santomé nos contan dúas historias realmente divertidas sobre como eran as casas e a hixiene nos tempos de antes.

Animádevos a escoitalas seguro que botades unhas risas.

Lucía Alén e Maruja Santomé (Mourente)

Compartir