Na procura de tetillas na montaña.

144

Moitas mulleres de Mourente tiñan como traballo ir na procura de queixos de tetilla  nas montañas do interior interior da provincia.

Dende Mourente, saíndo de madrugada, camiñando polo monte pasaban de aldea en aldea recollendo as súas mercadorías e facían máis de 40 quilómetros monte arriba nun día.

Algunhas cunha burra para cargar os queixos, pero outras moitas con cestas que traían na cabeza con preto de 50 quilos de peso.

Logo de volta na casa preparaban os queixos de tetilla para vendelos na cidade, inicialmente na praza de Méndez Núñez e logo na praza de abastos.

Algunhas fotos de Maruja na súa xuventude.

Maruja Santomé Torres, Lucía Alén e Carme Lores.

Compartir