O augardenteiro.

184

A vida do augardenteiro era realmente moi dura. Pasaban entre tres a catro meses fora da casa, en pousadas prestadas por algún veciño dos lugares por onde pasaban, un longo percorrido por aldeas e lugares de toda Galicia. Traballando día e noite facendo potadas co bagazo que lle achegaban os veciños. Cada veciño achegaba co bagazo a leña e a comida que lle correspondía, segundo a hora na que lle tocase facer a potada.

Nesta conversa Peregrina Juncal (Mourente) tráenos o recordo de José de Sober (Monforte de Lemos) un augardenteiro moi “miniñeiro” que pasaba semanas na súa casa facendo augardente para os veciños e facendo as delicias dos nenos que esperaban a súa chegada como unha data sinalada no calendario.

 

Compartir