A fábrica de Rubí Piedra.

291

Nesta pequena conversa Peregrina Juncal (Mourente) fálanos dalgúns traballos que tivo, un dos máis habituais para as mulleres era coser na casa, como modistas ou no caso dela e súa irmá cosendo pantalóns para algún xastre da cidade.

 

Nunha época onde a roupa nova se soia estrear só en datas moi sinaladas, como as festas da parroquia ou na Peregrina. Un traballo que supoñía, sobre todo nesas datas, traballar toda a noite arreo para poder entregar a tempo os encargos.

 

Moitas outras rapazas tiñan como emprego ir “a servir” en casas da cidade, ás veces por pouco máis que a comida e traballando en moitos casos todo o día. Pero moitas familias que precisaban do seu traballo víronse obrigadas a mellorarlles as condicións cando en Pontevedra, en Valdecorvos, onde agora hai un taller de motos, se instalou unha fábrica de pezas para reloxos chamada Rubí Piedra.

Esa fábrica con orixe suízo, empregaba a unhas duascentas mulleres e supuxo toda unha revolución, xa que as aseguraba, cumprían o horario e lles facilitaba incluso baixa de maternidade, de feito Peregrina foi a primeira mamá na fábrica.

Compartir