Botadura do San Alejo.

315

Nesta conversa Teresa Otero (Mourente) cóntanos como foi botadura do “San Alejo” no “porto” de Bora o 29 de xuño de 1962.

Un grupo de homes “capitaneado” por Alejo Freijeiro, que foi tamén o gran creador do “buque”, realizaron a botadura nas augas do Lérez. Unha festa improvisada que queda na memoria como un dos momentos máis singulares na historia das parroquias de Mourente e Bora.

Logo do frustrado intento de navegación no Lérez Señor Alejo modificou a barca para facer con ela un helicóptero que volveu a ser un gran evento para Cons en Mourente.

Unha conversa que nos axuda a recordar a Señor Alejo como un grande xenio que, se quizás tivera tido a posibilidade de estudar, tiña un gran cerebro capaz de crear coas súa propias mans os inventos máis incribles.

 

Compartir