Adelina «A Jabalina»

271

Adelina era unha muller de Santa María de Xeve,  moi alta e con un xeito algo diferente de vivir,  de trato agradable se entrabas en conversa con ela.

Sen embargo, para os rapaces e rapazas que non a coñecían dicir «aí ven A Jabalina!» ou vaite levar «O Jabalí» (así a coñecían en  Xeve) era como falarlles do «home do saco».

Conta Mario Gallego Rey no seu artigo «A Jabalina» , dentro do número 6 da revista Cedofeita, que cando xogaban ó fútbol e vían chegar a Adelina berraban «A Jabalina! A Jabalina!» e os nenos e nenas corrían a esconderse.  Mais o único que facía esta chamativa muller era espantar os automóviles e facer persinar ás vellas dicindo «meigallos fora».

En realidade, o que acontecía e que tiñamos ante nós a unha muller diferente non só súa cor de pel senon pola súa imaxe extraña que producía nas crianzas sentimento de inquedanza e medo.

Adelina vivía nunha casa de planta baixa e unha pequena cova entre dúas grandes rochas  nunha leira fronte ó primeiro fogar.  Por desgraza, esta xa non existe.

Noutra cara da moeda, está María del Carmen Tenorio, veciña de Xeve, que nos explica como era a muller cando se tiña un trato máis cercano con ela:

<<Vou facer un breve resumo dos recordos da miña primeira infancia referentes a esta peculiar muller, a que todos chamabamos no meu entorno “o Jabalí”.

Os meus recordos de nena, lonxe de ser desagradables, son moi entrañables. Recordo que era unha muller moi alta, con grandes pés e mans, acorde co seu tamaño, de pelo canoso e con un rostro de faccións moi marcadas e de mirada penetrante.

Ven á miña memoria unha das moitas visitas que Adelina facía á casa na que eu nacín e na que pasei parte da miña infancia, en San Andrés de Xeve. Era verán e dende o patín da miña casa, vin que ao lonxe se achegaba Adelina, corrín a recibila, pois era moi coñecida na casa. Cando Adelina chegou ao portal eu xa estaba esperándoa, cun pé fora do mesmo. Adelina, despois de saludarme díxome: “ meniña, ti non sabes que non se pode abrir a porta da casa a quen non se coñece?”, ao que eu respondín: “pero eu coñézote e xa te vin vir de lonxe e díxenllo a miña avoa”. “Tanto ten”, respondeume ela, “ti pecha o portal e vai buscar a túa avoa para abrir o portal, e nunca máis  volvas a abrir sen que estea unha persoa maior ao teu lado”. Miña avoa acompañoume e invitouna a pasar e como era habitual comeu na casa.

Outro día de verán chegou Adelina, vestida cunha camisa branca, un pouco manchada de po, e unha saia un pouco máis escura, fruncida. Na miña casa había aínda hai hoxe, un pozo de lavar, bastante grande. Adelina pedeu  permiso para lavar a roupa e ela mesma naquel pozo. Miña avoa facilitoulle xabón e algo co que secarse e vestirse. Mentres se secaba a súa roupa e despois de comer, agradeceu a atención e despediuse como solía facelo: “adios, ata outro día”.

Outro día de choiva de inverno, chegou Adelina por alí, como de costume convidámola a pasar e acomodarse na estancia onde se estaba preparando o forno de leña para cocer o pan. Ela sentouse nunha cadeira baixa, alimentado o lume da lareira. Comentounos que viña despedirse, xa que tiña previsto marchar para Madrid durante algún tempo. A miña familia preguntábase como faría para ir e como viviría na capital, ao que respondeu: “marcho en tren e xa teño todo arranxado, o de aquí e máis o de Madrid”.>>

Compartir