A historia de Adela

122

Nesta entrada Adelia Iglesias Pereira cóntanos como era Monteporreiro a finais dos anos 80:

“Eu viñen a vivir a Monteporreiro no 1986 dende Vigo.  Cando cheguei aquí non había autobús, nin luz nas rúa, nin había supermercados…solo unha tenda. Non había ningún edificio, solo estaba o Alfa, o edificio máis antigo de Monteporreiro, e algunhas cafeterías. Ademais, estaba o Tao Tao (unha cafetería) e dous colexios, o de EXB e o de preescolar.

Uns anos máis tarde comezaron a facer os edificios e puxeron autobuses e a luz”.

Tamén nos contou que daquela o barrio era perigoso:

“Non se podía saír pola noite porque viñan os «yonquis» de Pontevedra a pincharse aquí, porque non había iluminación nas rúas.

Cando viñen a vivir para aquí non había taxis e cando baixaba a Pontevedra collía un taxi. O señor do taxi sempre me preguntaba para que zona ía e eu dicíalle á zona da UNED, porque para onde está o centro cultural non viñan porque lle chamaban a zona do “Bronx”. Non te levaban porque era unha zona perigosa porque andaban a tiros e a navallazos, e pelexaban moito.

A xente que vivía alí era perigosa, nin o autobús ía ata alí, daba a volta en Mourente porque tiñan medo.  A xente que viña a coller o autobús aquí tamén pelexaban e se insultaban e o condutor tiña que parar cando montaban barullo.

Anos máis tarde esa xente que vivía alí foise e entón veu a xente nova coa que poder convivir”.

Aquí podemos escoitala:

Compartir