Marcón, o lugar dos dous campanarios

243

A parroquia de Marcón atópase a 4 kilómetros do centro de Pontevedra e está rodeada de 4 parroquias (Bora, A Reigosa, Salcedo e Tomeza). Ademais, confórmana 13 lugares como son Pintos, Vilafranca, A Barcia e Ermida, entre outros. O lugar máis altos da parroquia é Pintos.

En Marcón temos unha igrexa dos séculos XVII e XVIII, de estilo Gótico con elementos Románicos. O seu patrón é San Miguel, e celebramos a festa o 29 de setembro. Ao lado desta, atópase a casa Parroquial, onde se celebran actos culturais e que está a disposición da xente da parroquia.

Ademais, contamos co monte da Fracha que está a 545 metros de altitude sobre o mar. Ten vexetación abundante e moitas das pedras teñen historia como, por exemplo, o Campanario, a Pedra Longa, Outeiro Navío e a Pedra Moura, que segundo conta a lenda, os días de sol saía unha fada peiteando a súa melena.

Esta pedra é o punto máis alto da Fracha. Enriba dela, sínteste libre. Ten unha vista ben fermosa.

Na mesma Fracha, tamén hai unha área recreativa na que podes desfrutar nun bonito paraxe.

Realizado por:

Chari Piay, María Isabel López e Maribel Oubiña

Compartir