Cocido popular de Pintos

183

No noso pobo ten lugar, dende fai 7 anos, unha xuntanza popular entre veciños, en concreto, faise no mes de abril. Naceu pola idea de Santi “do Viudo” que quixo xuntar a todolos veciños para que polo menos unha vez o ano nos reuniramos.

Temos algunhas condicións de asistencia: teñen que ser veciños do lugar de Pintos ou, nacidos alí, ainda que non residan actualmente no lugar.

O cocido é elaborado polos propios veciños, cómprase todo o necesario para facelo e cociñamos no propio día. O menú sempre é o mesmo, aínda que algunha vez cambiou o postre.

 

A comida

Menú:

Sopa

Cocido (chourizo, grelos, pataca, repolo, bolo do pote, carne de terneira, porco e galiña)

Postre (Brazo de gitano e rosca)

Viño, auga e licores

Brazos de gitano para o postre

Cada persoa ten que vir co seu plato e vaso, “isto non e un restaurante” así que todos teñen que colaborar.

O lugar de celebración variou nos últimos anos. Os primeiros anos era celebrado no alto de Pintos (Monte Loureda), coa chegada A-57 modificouse e comezou a celebrarse na parte baixa do pobo.

Cada ano a xente está desexando que chegue o día de tan esperada celebración, para larear cos veciños e bailar o son dos gaiteiros do lugar.

Xente de Pintos tocando

Son uns días laboriosos pero, que finalmente, merecen a pena polo ben que se pasa.

Feito por Enrique Peón

Compartir