O cruceiro do que ninguén fala

160

En Marcón hai moitos cruceiros, e sempre se fixo historia sobre eles. Pero do que está en Pintos, nunca falaron del, é o que aparece na foto.  Penso que coma é sinxelo, sen florituras, nunca interesou nombralo. Por iso a miña homenaxe!

Sempre o recordo ahí e estou moi orgullosa del por ser patrimonio do lugar.

Antigamente, estaba no centro da rúa pero, cando arranxaron o camiño, aproximadamente no ano 1978, puxérono nunha praciña a un lado.  Deste xeito permite circular os coches mellor.

Segundo o Sr. Villaverde , o cruceiro debe ter máis de 300 anos.

Ademais, o cruceiro ten unha gran utilidade. No mes de agosto, cada ano celebráse unha Carreira Popular (antes chamábamoslle «Maratón», da que este ano facemos XXXIII edicións), e a xente que ven e non coñece o lugar utilízao de referencia.

Un rapaz e unha rapaza no Cruceiro de Pintos (1998)

Realizado por Rosa Fernández

Compartir