O entroido de Pintos

188

O meu nome é Antonio Villaverde, e vouvos contar como festexaba o entroido en Pintos, o lugar onde eu vivo.

O “entroido” é un boneco que se fai cunha galla de madeira e revestíase con palla de centeo. Despois, poñíaselle un pantalón branco, unha camisa, un chaleco e, entón, poñíaselle unha careta ou sombreiro e unha especie de colcha moi colorida. Ademais, levaba o brazo esquerdo estirado e o dereito no bolsillo.

Antonio Villaverde coa súa familia e o “entroido” (2014)

Unha vez feito, íamos por toda a parroquia con él tocando as bocinas. Ademais, un rapaz bailaba co “entroido” e dous rapaces labregos bailaban diante tocando unhas «castañuelas» e unhas campanillas. Os demais tocaban as bocinas. Con todo isto, íase de casa en casa, e cando chegábamos á casa dun veciño ou veciña dábanse uns vivas, por exemplo:

“Que viva o señor José e que viva por moitos anos!”

E a xente dábanos cartos e ovos. Cos cartos que xuntabamos repartíanse entre os rapaces que participaban e, cos ovos, facíanse unhas tortillas que comíamos entre todos e todas.

Rapaces co «entroido» (1990)

Realizado por Antonio Villaverde

Compartir