Pintos, o máis alto de Marcón

230

Na parroquia de Marcón hay un lugar chamado Pintos que dista 3,5 km da capital. Situado na falda do monte da Fracha e lugar de nacemento do río Pintos é, por natureza, un sitio moi fermoso e pintoresco. Isto é debido a que dende este paraíso tes unhas vistas nas que divisas toda a cidade, a Caeira, Combarro e a boca da Ría.

Neste intre, con motivo das obras da A-57, o movemento de terras realizado fixo que o lugar quede dividido en dous, motivo que provoca a separación dos veciños e veciñas. O socavón é de tal dimensión que o corte realizado ten unha altura de 65 metros, de tal maneira que se tivo que crear unha nova pista de acceso, cun desnivel do 25%, que podería servir para un «descenso de carrilanas«Ademais, durante o recorrido do río Pintos, atópanse catro muíños. Isto significa que que os veciños e veciñas traballaban sembrando millo e centeo. Nestes momentos, atópanse en moi mal estado. O motivo é que a veciñanza xa non sembra porque os xabaríns, e outros animais salvaxes, non lle deixan que os cultivos sexan produtivos.

Fonte de Pintos na actualidade

Un momento importante, foi o ano 1982, cando os veciños e veciñas fixeron unha fonte artística, cun deseño diferente, a figura é un muíño que, ademáis, ten a súa quenlla (deposito de madeira en forma de cubo onde se deposita o millo ou o centeo),  e unha espiga no máis alto, onde sae a auga e a pasa a través das pedras, como se fora a fariña. Ten unha mesa redonda de pedra cun banco para tomar un grolo e para tomar un descanso tanto os veciños e veciñas como as persoas visitantes.

Realizado por Xosé Miguel Mariño

Compartir