Os cruceiros de Marcón

282

 

 

Marcón é unha parroquia que se atopa a catro kilómetros da cidade de Pontevedra e que, ademáis, conta cun gran número de cruceiros.

Estes cruceiros están protexidos por Patrimonio, pero sempre hai algún “caco” que fai das súas cambiando ou modificando a súa estrutura.

 

 

Vou a comezar a falar sobre algún deles:

No atrio da igrexa temos dous: un, ao lado da igrexa que se usaba antiguamente como altar;e o outro, atópase diante do cemiterio. Este último é moi moderno, foi colocado no ano 1994 e foi pagado pola parroquia. Ademais, cando se realizan procesións, dan a volta no lugar onde se atopa.

Podemos velos, por orde, nas seguintes fotos:

No Albeiro, un lugar de Marcón, temos outro que antigamente dividía as parroquias de Marcón e Mourente pero, hoxe en día, divide as parroquias de Marcón e a Virxe do Camiño.

Cruceiro de Albeiro na actualidade

No recinto da festa contamos con outro cruceiro. Atópase enriba do campo da festa, detrás da Casa Parroquial, ao lado do antigo colexio, e pertencía a un Vía CrucisA xente do lugar dicía que ía «O Calvario» porque pensan que alí se realizaba algún acto relixioso.

Coñecido como o Cruceiro da “curva da morte”, atopamos este monumento ao lado da fonte de A Barcia, á que a xente acode a coller auga tódolos días. Segundo a inscripción que podemos ler no lateral esquerdo, foi construída no ano 1781. Hai que engadir que foi reparado pola comunidade de Montes no ano 1996.

Cruceiro da «curva da morte» na actualidade

Tamén, no lugar de A Barcia, atópase  «o cruceiro do Moucho» , nun recanto do camiño que leva ao lugar de Cardosa. Considérase un dos cruceiros máis fermosos e importantes da parroquia de Marcón. Data do 1769 e tamén foi restaurado pola Xunta de Montes no ano 1996.

Fonte: http://patrimoniogalego.net/index.php/58760/2014/05/cruceiro-do-moucho/

Para rematar, un dato interesante é que Castelao falou sobre el no seu libro “As cruces de pedra na Galiza”.

Realizado por Antonio Taboada

A maioría da información foi rescatada do libro «Cruceiros e cruces de Marcón» escrito por José C. Quintana Mirrandan, David Quiñones Vázquez e Juan Rey Losada.

Compartir