Os muíños de Pintos

212

Os muíños son edificacións feitas ás beiras dos ríos para poder moer os cereais que se colleitaban nas leiras dos veciños labregos.

En Marcón, no lugar de Pintos, hai catro muíños:

  • Muíño de Arriba
  • Muíño de Abaixo
  • Muíño do Coto
  • Muíño do Ferreiro

Como a un kilometro do nacemento do río Pintos encóntrase o primeiro, que xa está  todo cuberto de maleza. Chámase o “Muíño de Arriba”. Eu xa non acordo moer nese muíño.

 

Despois deste primeiro, está o “Muíño de Abaixo”,  como a uns cen metros do anterior. Neste, aínda recordo ir coa miña nai a moer fará uns vinte ou trinta anos.

Muíño de Abaixo na actualidade

O “Muíño do Coto” é do que máis me acordo,  por ser o último en deixar de moer, fará uns quince ou vinte anos. É o terceiro neste río Pintos.

Muíño do Coto na actualidade

Esta foto tamén pertence ó “Muíño do Coto”, estas serían as pedras onde se moía o gran e, a roda que se ve case

Pedras onde se moía (Muíño do Coto)

enterrada, era onde se poñía como se quería que saíra a fariña, máis gorda ou máis fina.

O cuarto, e ultimo muíño deste lugar, e só de dúas familias ou tres. Agora mesmo atópase todo todo cuberto de silvas é chámase o “Muíño do Ferreiro”.

Estas edificacións eran construidas nestes lugares porque así a auga se canalizaba de xeito mais sinxelo a través dunha presa. Para que a auga chegase ó muíño entraba nun cubo feito de pedra con grandes dimensións e cunha inclinación suficiente para coller máis forza. Así, caía nun rodicio e facía mover as pedra para moer. O gran baixa con forza pola presa e coa velocidade que collía e facía mover a pedra que moía o gran.

Os muíños  eran utilizados pola veciñanza en modo de quendas, cada veciño e veciña tiña os seus días e as súas horas. Para que o vexades traio un testamento no que se ven a distribución de hora e días do «Muíño de Arriba»: 

Testamento dun veciño de Marcón (1902)

A perda e a deixadez destes muíños foi debida a chegada das molineiras eléctricas e, tamén, porque  a xente deixou que traballar as terras. Os muíños foron olvidados e, a día de hoxe, desgraciadamente atópanse en estado ruinoso.

Realizado por Josefa Mariño

Compartir