A carreira popular de Pintos

144

Basilio Villaverde Peón, un mozo de Pintos, foi facer o servicio militar a Valladolid. Estando alí veu unha carreira, e pensou: «isto vouno facer eu alá».

No ano 1985, cando se licenciou, xunto con outros rapaces, dos que non me lembro o nome dalgúns porque daquela vivían en Barcelona, de feito siguen vivindo alí, comezou a organizar a carreira.

Outras persoas que tamén colaboraron foron: Dolores Portela, Marga Portela, Cruz Villaverde, Lucía Vigo , Ana Ángel, Pili Ángel, Mónica Justo,  Pura Gusto, Paula Estévez, Lupe Estévez, Sofía Pazos, Cris Fernández, María José Fernández, Eva Fernández, Sonia Villaverde, Antonio Villaverde, Ramón Portela, Tita Malbar, Lucía Villaverde, Alberto Oubiña, Ivan Couso, Esteban Couso Fran Fontan, Nuria Coto, Celia Villaverde, Carmen Peón, Luis Peón e David Acuña.

A carreira celébrase entre o 15 e o 20 agosto e ten unha lonxitude de 1,600 m. aproximadamente. A saída ten lugar dende «O Río», estando a meta no mesmo lugar.

No día que se celebra a carreira colaboran máis persoas. Poñemos unha barra da organización na que se venden bebidas para a xente que se acerca a ver e participar na carreira. Ademais, vendemos rifas para poder pagar os gastos da carreira.

Temos diferentes categorias por idades e por sexo:

  • De 0 a 4 anos
  • De 5 a 8 anos
  • De 9 a 13 anos
  • De 14 a 20 anos
  • De 21 a 35 anos
  • De 36 a 50 anos
  • De 50 anos adiante

As categorías de 0-4 e 5-8 teñen un percorrido máis pequeno.

Todas as categorías están dotadas con premios:

  • O/A 1º levan trofeo e medalla
  • O/A 2º, medalla.
  • O/A 3º, medalla.
Foto ca xente asistente á carreira de Pintos
Gañadores da carreira
Gañadoras da carreira

Aos nenos e nenas de 0 a 4 anos dámoslle ós tres primeiros/as levan o mesmo regalo: unha caixa con libros, pinturas, contos…

Isto todo pode realizarse grazas ós donativos de casas comerciais que veñen colaborando con nós durante todos estes anos, sen eles non poderíamos celebrar o sorteo das rifas que vendemos durante a carreira. Ademais, o Concello de Pontevedra, tamén nos axuda.

Se algún veciño ou veciña colaborou na carreira e non está aquí, que me perdoe.

Realizado por Antonio Villaverde

Compartir