A vida dun neno

140

Eu nacín no ano 1948. E cando tiña 6 anos e diante ía coas ovellas para o monte, con 60 ou 80, segundo as circunstancias. E tamén con cabalos e vacas.

O monte Loureda, que é o monte de Marcón, ten pedras e sitios con nome. Por exemplo, saíndo de Pintos están “o Outeiro Mozo” e “A costa”.

No alarguiño tiñamos unha casiña onde, en latas de sardiñas, quentábamos o leite que muxíamos das ovellas cando parían.  Daquela era a merenda.

 

O monte Loureda recorríamolo todo: Outeiro, Carballo, As  Gallas,  Os Pozos, Pendeleixe, Ribadacachada, e  outros nomes.

E tamén hai pedras históricas como o “Campanario”. No  Outeiro Navío hai dúas pedras longas: a de “Valadares” e a de “Pintos”. Tamén neste monte hai unha cova, chamada a “da Moura”.

Pedra coñecida como «O campanario»

Eran tempos duros. Despois, aparte de ir coas ovellas, tamén nas vacacións de maio, había que ir a labrar e andar a chamar ós bois, que daquela non había ordenadores.

Realizado por Suso Villaverde

Compartir