Lembranzas

67

Quero comezar contando que o noso lugar, Pintos, é moi participativo en tódolos traballos que nel se fan, e ó mesmo tempo, tamén sempre nos da parroquia.

 

 

Fai algúns anos, na década dos 80, polas festas da parroquia fíxose unha batalla de flores, na cal nós tamén participamos. A nosa carroza era unha réplica dunha fonte que temos nos nosos lugares e unha parella de vacas que arrastraba a fonte. Neses traballos colaboramos todos os veciños e veciñas moi contentos e ilusionados. Nesa carroza tamén ían os rapaces que tocaban a gaita do noso lugar.

Tamén nos gusta facer unha xuntanza para recoller as herbas de San Xoán. Facemos un magosto na área recreativa, onde participamos todos e pasámolo moi ben. Tamén facemos o antroido. Despois, eliximos unha data para facer o Xantar Popular.

Durante moitos anos tamén fixemos os maios. Agora, faise no colexio no que tamén colaboramos.

A carreira popular é unha das actividades que aínda se segue facendo todos os anos no mes de agosto, do que nos sentimos moi orgullosos. Agora, outras actividades que se facían coma o rali e a baixadas de carrilanas non se poderán facer máis xa que polas obras da autovía. Non  será posible e é unha mágoa.

Realizado por Rosa Fernández

Compartir