San Miguel de Marcón, a nosa parroquia

189

San Miguel de Marcón é unha Parroquia do Concello de Pontevedra, que está a uns tres kilómetros  do centro de Pontevedra.

Ten o monte da Fracha con unha altura de 541 metros e en donde está instalado nun Parque Empresarial con bastantes industrias. Tamén está instalada unha pista de helicópteros para loitar contra os incendios nos montes da Comunidade ou onde fagan falta.

Tamén conta cun grupo escolar para atender ós nenos e nenas das Parroquias de Marcón e Tomeza.

Fotografía actual do lugar onde se atopa o pavillón e o centro escolar

Tamén ten un pavillón de deportes, que é municipal, onde se xogan principalmente partidos de fútbol sala e outros deportes. Este pavillón está instalado no monte Carrasco, tamén están instalados o colexio, e o campo de fútbol onde xoga o equipo que leva o nome de Marcón por toda Galicia.

Como non, tamén ten unhas festas patronais,  moi bonitas e famosas, que se celebran o primeiro domingo de Setembro. En concreto, celébrase a Virxe das Dores e o luns a Virxe do Rosario. Celébranse unhas verbenas, onde se traen as mellores Orquestas da Comunidade.

Fotografía actual da Igrexa Parroquial (Marcón)

Tamén se celebran as festas do patrón, que é San Miguel, que se celebran o día 29 de setembro, se cae en domingo, senón, o primeiro domingo despois do 29.

Ademais, temos unha Casa Cultural que é da parroquia, feita con cartos da venda de árbores do monte comunal. Foi construída sobre a década dos 90. É moi fácil de recoñecer, como é tan grande, vese dende a PO – 542. Aquí realízanse moitas actividades, por exemplo ximnasia, memoria, pilates, relaxación…

Casa da Cultura na actualidade

E tamén, memoria en rede…que é para nós de gran axuda. Aprendemos a pedir cita de médico, para queimar…estamos moi contentos de haber feito este curso. O profe e a profe son fantásticos, con moita paciencia para explicar, por iso aprendín a usar o ordenador.

Realizado por Chari Piay e Antonio Taboada

Compartir