O liño en Pintos

53

Aló polos anos 1950-1960, no lugar de Pintos sementábase liño. Na casa da Aldana, a miña casa matriz, aínda se atopan algúns apeiros: espadelas, ripos … hoxe doados ao Museo Liste en Oseira.

A sementeira faise en abril ó desaparecer as xeadas e, a colleita, faise no mes xuño. Para isto, arríncase a planta de raíz para que non sufran as fibras.

Quitada a semente, os talos métense no río durante 40 días para curtilos. Unha vez secos, mállanse e mázanse para que vaia perdendo as partes leñosas, separándose a palla da fibra.

Despois desta operación, as estrigas peitéanse no ripo, un  peite de dentes de ferro, separándose o liño da fibra grosa.

A fibra retórcese ata conseguir o fío. Despois, fanse unhas madeixas e hai que branquealo con auga e cinza. Logo, facíanse os nobelos que se utilizaban para todo tipo de labores (calcetado, bordado…) e para facer os lenzos nos teares.

Durante  o inverno, cando as mulleres facían o traballo do fiado, facíano nun alpendre ou cuberto, de aí vén o nome de fiadeiro porque cantaban e bailaban, e xuntábanse mozas e mozos, de todo o lugar e de outras Parroquias.

Realizado por José Miguel Mariño

Compartir