Unha tornada moi sonada na parroquia

168

A Canicouba sempre foi unha aldea na que a súa economía principal estaba baseaba na agricultura. Tódolos veciños traballaban os seus terreos e criaban os seus animais:  vacas, algún rabaño de cabras e ovellas, galiñas, porcos…

 

O normal era que o pastoreo se fixera no monte, pero o máis duro se facía neses días de inverno galego, fríos e chuviosos.

En relación a isto, vou contarvos a historia que lle pasou a unha veciña da parroquia:

Un día de primavera do ano 1961, concretamente o 27 de Maio, estando María González Miguez, máis coñecida como María de Parada, de pastoreo no monte, coa súa neta Esther no colo envolta nun mantón e de apenas un par de meses de idade, formouse unha tormenta tan grande que obrigou a Sra. María a buscar refuxio para ambas, debaixo dunha pedra chamada a “Pedra da Lapa”.

A pedra da Lapa na actualidade.

Pero a  tormenta foi tan forte, que por desgracia un raio lle matou as súas tres vacas: “Perica, Gallarda e Morena”.

Pois unha desas tres vacas tiña un xato pequeno e unha veciña, a Sra. Fina, acolleu o pequeno para que a súas vacas o alimentaran.

En aqueles tempos os veciños e veciñas axudábanse uns os outros…

Realizado por Mª Isabel Parada

Compartir