Historia de Cacheiro á miña maneira

155

Cacheiro é unha aldea da parroquia da Canicouva de aproximadamente 60 veciños e veciñas. No medio da nosa aldea atópase a Ermida de San Amaro, na que temos 3 santos: Santa Marta, San Francisco e, por suposto, San Amaro. Este último é o que celebramos con máis devoción. Celébrase o 15 de xaneiro.

Por esta pequena aldea tamén pasa o camiño Portugués, que leva a miles de peregrinos e peregrinas a Santiago de Compostela.

Panorámica dende o Monte das Penizas

Dende o monte das Penizas temos unhas incribles vistas e unha pedra que ten 100 buracos. Dende alí podemos mirar toda a ría de Vigo, na que destaca a Illa de San Simón. Tamén vemos tódalas aldeas limítrofes a nós: Canicouva, o Vilar, Rañadoiro, Ponte Sampaio, Arcade, o monte da Peneda (o Viso), Moreira, parte do castelo de Soutomaior, Vilaboa, Santa Critina, San Adrián ,etc.

Realizado por Manuel Pérez

Compartir