A nosa parroquia no tempo das nosas avoas

339

A economía na nosa aldea era moi precaria igual que noutras aldeas do arredor. Naqueles tempos a única forma que tiñan de facer diñeiro era vender un xato (becerro), uns ovos, leite, etc.

Levantábanse moi cedo para muxir as vacas, logo collían o leite e levábano a Marín de arriba. Para facer este longo recorrido saían da Canicouva ás seis da maña. Ían ata Figueirido, atravesaban a estación do tren, subían cara o cuartel, alí era onde paraban para coller folgos, e continuaban cara Marín “darriba” .

O leite repartíano de casa en casa. Xa tiñan a súa clientela fixa, ademais ían a Paredes a levar leña e toxo seco para quentar os fornos das panadarías. Ao vir de volta paraban na “taberna da Martinera” onde mercaban: un cuartarón de aceite, cuarto quilo de aceite, sal, etc. Tamén mercaban gas “petróleo” para o candil para alumear ca luz de carburo, mercábano en Arcade ou en Pontesampaio. Chegaban a casa case á hora de facer a comida.

Candís de petróleo

 

 

 

 

 

 

 

 

O que quedaba na casa xa botaba os animais a pacer, de paso cortaban o toxo e xuntaban a leña para o día seguinte poder levar a vender de novo.

Na Canicouva había moitos muíños pero pouco a pouco foron rompendo. O final so quedaron: O Muíño Vello, O Muíño do Hirmeiro e O Muíño de Cuntín.

Antes había o “Muíño de Arriba”, o “do medio” e o “de abaixo”. Estes muíños eran de herdeiros, o que non tiña, pedíalle a un herdeiro, e se non tamén había unha muiñeira en Figueirido ó que tamén podían ir a moer o gran. Como os muíños quedaban lonxe e non había estradas, levábase en burro ou cun cabalo o que se lle poñía enriba un esteirón para levar e traer os sacos. Con esta fariña que se mestura coa de centeo facían o pan de millo para comer elas e máis as súas familias.

Levábase tanto traballo porque non había industria nestes arredores, ata que chegou a Pontesa, que xa comezou a darlle traballo as nosas nais e as cousas foron mellorando.

Realizado por Maruchi Boullosa, Victoria Barreiro e Nieves Lourido

Compartir