Canicouva, Cacheiro e Xisto. O noso precioso rinconciño do universo

444

Hoxe vou a falar da miña aldea, a cal me parece preciosa. Chámase Cacheiro, pertence á parroquia da Canicouva, na cal tamén está o Xisto. Da nosa parroquia quero falar da nosa Igrexa, a de San Estebo de Canicouva e da cama, do mesmo santo, da cal as e os nosos antepasados nos contaron como se encontrou.

Dende a miña aldea temos unhas fermosas vistas da ría de moitas aldeas cercanas: Arcade, Xisto, Paredes, Canicouva, Vilar, Rañadoiro, e moitas máis. Pero a cuestión é falar da miña aldea da cal me sinto moi orgullosa. Temos a nosa pequena capela de San Mauro, na cal están dous santos máis: San Francisco e Santa Marta. Dita capela, tamén nos contan as nosas e nosos antepasados, que a doou unha Condesa de Vigo.

No alto do noso monte, temos un penedo que lle chaman “Pedra Miranda” é moi bonita e está chea de buracos e gravados, que parece que a traballou o mar. Nela teño moitos recordos da infancia, onde íamos cos animais. En dita pedra, quentabámonos facendo lume. A pesar de non ter os recursos de hoxe en día, nin as comodidades, fun moi feliz nesa época da miña vida na cal as nosas avoas nos contaban as súas anécdotas e a súa difícil vida.

Realizado por Lourdes Santos

Compartir