A miña vivencia en Pontevedra

49

Hai máis de corenta anos que comezou a miña relación coa capital da provincia. Por aquela, pouco pasaba da ducia de anos, cando por cuestións deportivas nos desprazabamos dende Tui a participar en probas de piragüismo polo río Lérez.

Daquela, o río aínda que pasaba polo mesmo sitio, non se parece en nada. Non so se melloraron os marxes, que están máis aproveitadas a nivel funcional e estético, senón que sobre todo, a gran mellora foi a da calidade da auga do río.

Por un lado, tendo que cumprir o concello coa normativa europea a nivel de vertidos da cidade, que por aquela, ían todos ó río. Por outro, o traslado dunha empresa moi contaminante de taboleiros de conglomerado que exercía a súa produción mesmo ó carón do río, e que foi trasladada fora dese asentamento primario a un polígono industrial, xa hai uns anos. Os vertidos eran de cor chocolate.

Dende a metade do século XX, se instala moi preto da cidade outra empresa tamén relacionada coa madeira, aínda máis grande que a anterior, cuns efectos contaminantes moi importantes.

Grazas á presión social do pobo de Pontevedra, que participaba en manifestacións, e varias confrarías de mariscadoras e mariscadores, e sobre todo, ao concello que intenta sen descanso, tratar de que se traslade a outro lado fora da ría. A día de hoxe non ten resultado positivo.

Nestes tempos, cando paseo coa miña piragua polo Lérez, lémbrome daquel tempo que o río desprendía un cheiro nauseabundo e desagradable, altamente contaminado, con pouca capacidade para albergar vida.  Da gusto ver como está cheo de paseantes e deportistas.

Realizada por Manuel Areal Abreu

Compartir